Construción Lugo

Construción Lugo
[PUBLIC]

Revista gratuíta que apareceu en 1979 co subtítulo de “Revista de la asociación provincial de empresarios de la construción”. Dirixida por Salvador Castro Gallego, contaba coas colaboracións de Constantino Vila, Eduardo Hevia, Juan Molina, Jesús Dorado, Rafael Díaz Iglesias e outros. Orientada ao sector da construción, insire entrevistas, artigos sobre bens inmobles, convenios, investimentos, actividades fiscais, asembleas da asociación, novas sobre axudas para rehabilitación de vivendas e estatísticas sobre prezos de solos. Inclúe as seccións “Actualidad Económica” e “La Sonrisa Ajena”, esta última dedicada ao humor.

Palabras veciñas

constrinxir | constritivo -va | construción | Construción Lugo | construíble | construír | construtivismo