Consumidores

Consumidores
[PUBLIC]

Revista trimestral gratuíta da consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, editada pola dirección xeral de Consumo dende 1987 en Santiago de Compostela. Comezou unha segunda época en xuño de 1991 e a finais da década dos noventa encargouse da súa edición o Instituto Galego de Consumo, dependente da consellería de Industria e Comercio. O seu primeiro director foi Guillermo Campos Piñón. Entre os membros do seu consello de redacción figuran Juan Rodríguez, Víctor Tello, Mª Jesús Muñoz, Paola Somoza, Julio de Diego e Antonio Aguarón. Entre as entidades colaboradoras están o Servicio de Información e Educación, o Servicio de Protección ao Consumidor, os Servicios Provinciais de Consumo, as OMIC e as asociacións de consumidores e usuarios. Inclúe datos sobre os comportamentos dos consumidores, a análise de diversos produtos galegos, as campañas de promoción, normativas oficiais, entrevistas, novas da UE e información da Escola Galega de Consumo.

Palabras veciñas

consumición | consumido -da | consumidor -ra | Consumidores | consumir | consumismo | consumista