Consus
Consus
[MIT]
Deus romano da abundancia, de culto moi antigo. Tiña un altar subterráneo no centro do Circo Máximo que se exhumaba nas Consualia, festas en honor do deus que se celebraban trala sementeira (15 de decembro) e trala recolleita (21 de agosto). Durante estas últimas, en tempos de Rómulo, tivo lugar o rapto das sabinas. Posiblemente, na súa orixe fose un deus dos silos, un deus campestre encargado de protexer o gran enterrado.