Contadoría Maior de Castela
Contadoría Maior de Castela
Órgano de goberno destinado a administrar as finanzas do reino de Castela e a intervir as contas dos funcionarios públicos. A contadoría organizouse en 1476 e reformouse en 1523, 1544 e 1568. A creación do Consello de Facenda en 1523 limitou as súas funcións, ata que en 1602 as asimilou. Ao comezo do s XVIII foi substituída por outros organismos.