contextura

contextura

(< contexto)

  1. s f

    Disposición e unión das partes constituíntes dunha cousa, en especial de certos tecidos orgánicos.

    Ex: A contextura do home é similar á do mono. A súa pintura tiña unha contextura semellante á de Picasso.

  2. s f

    Configuración física dunha persoa.

    Ex: A seda deixaba ver os fortes músculos da súa contextura.

    Sinónimos: complexión, constitución.