continente
(< lat contĭnēnte)
-
adx
Que practica a continencia.
-
adx e s
m
Aplícase á cousa que contén outra dentro de si.
Ex: Era ben máis bonito o continente ca o que tiña dentro.
-
-
s
m
[XEOG]
Cada unha das grandes extensións de terra emerxida. Desde un punto de vista estrutural, os continentes engloban tamén as plataformas continentais somerxidas, que descenden suavemente desde o litoral ata profundidades de 200 m. A separación entre as terras somerxidas e emerxidas denomínase noiro continental. Estruturalmente, os continentes son Eurasia, América do Norte, América do Sur, Oceanía e A Antártida; sen embargo, desde un punto de vista histórico ou xeográfico tradicional, en Eurasia distínguese entre Europa e Asia, mentres que América se considera un único continente. As terras emerxidas supoñen aproximadamente o 29% da superficie total da codia terrestre e agrúpanse principalmente no Hemisferio Norte. Se se consideran as plataformas continentais como parte dos continentes, a superficie continental total aumenta ata o 35%. As illas que se atopan na plataforma continental dun determinado continente considéranse parte do mesmo; este é o caso de Groenlandia, Tasmania ou as Illas Cíes.
-
s
m
[XEOG]
Cada un dos bloques continentais en relación ás illas próximas.
-
novo continente /
[XEOG/HIST]
Denominación aplicada a América dende unha perspectiva eurocéntrica, a partir dos descubrimentos colombinos de finais do s XV, en contraposición ao vello continente que constituía Europa.
-
vello continente /
[XEOG/HIST]
Denominación aplicada a Europa a partir da chegada dos españois a América, como contrapunto dese novo continente, ignoto polos europeos.
-
s
m
[XEOG]