continuidade
(< latcontinuĭtāte)
-
Antónimos:
descontinuidade.
-
s
f
Calidade de continuo.
Ex: A empresa non pode garantir a continuidade de todos os traballadores na empresa.
Antónimos: descontinuidade. -
s
f
Unión entre as partes dun todo homoxéneo.
Ex: A continuidade da novela ofrécenola o protagonista.
-
s
f
[MAT]
Propiedade de ser continuo. É unha noción intuitiva formalizada polo concepto de límite.
-
s
f
[COMUN]
Relación existente entre dúas ou máis campañas consecutivas, baseada na utilización de recursos técnicos parecidos para a súa elaboración.
-
s
f
[COMUN]
Conexión lóxica entre dous planos dun anuncio.
-
principio de continuidade
[FILOS]
Enunciado que afirma que calquera cambio na realidade natural do mundo se produce dunha maneira gradual. É un principio fundamental na filosofía de Leibniz, segundo o que a evolución dos seres prodúcese de xeito insensible e sen interrupción.
-
s
f
-
ecuación de continuidade
[FÍS]
Nome xenérico das ecuacións que expresan de xeito diferencial a lei de conservación dunha magnitude conservativa. Toda lei de conservación ten asociada unha ecuación de continuidade.