descontinuidade
(
-
s
f
Calidade de descontinuo.
-
s
f
[MAT]
Falta de continuidade dunha función nun punto ou nun conxunto de puntos, que se denominan por extensión descontinuidades da función. Xa que unha función f(x) é continua nun punto a se e só se existe límf(x) e é igual a f(a), a función f(x) é descontinua en a se e só se non se cumpre algunha destas dúas condicións. En primeiro lugar, se f(a) non existe, ou ben é diferente do valor do límite; entón a é unha descontinuidade evitable. En segundo lugar, pode ocorrer que límf(x) non exista; entón a é unha descontinuidade non evitable ou esencial que, ademais, pode ser de dous tipos: de primeira e de segunda especie. Nunha descontinuidade de primeira especie existen os límites laterais pero son diferentes; é unha descontinuidade finita se os dous límites son finitos e é infinita se polo menos un dos dous límites laterais é infinito; a diferencia f(a+0)-f(a-0) é o salto da función no punto a, polo que a descontinuidade de primeira especie se chama tamén descontinuidade de salto. Unha descontinuidade non evitable é unha descontinuidade de segunda especie cando polo menos un dos dous límites laterais non existe; é unha descontinuidade finita se a función queda pechada; en caso contrario é unha descontinuidade infinita.
-
s
f
[XEOL]
Cada unha das superficies que separan as diferentes capas concéntricas do interior da Terra. Descubríronse utilizando transmisións de ondas sísmicas. As máis importantes son a de Conrad, que está a 17 km de profundidade e que separa a capa superior da inferior; a de Mohorovicic ou Moho, que está a uns 32 ou 38 km, situada entre a capa e o manto; a de Gutemberg, a 2.900 km, que separa o manto do núcleo; e a de Lehmann, que está situada entre o núcleo externo e o interno e que se localiza a uns 5.000 km.
-
superficie de descontinuidade
[METEOR]
Superficie de separación de dúas masas de aire que teñen falta de continuidade nalgunhas das súas propiedades, como a velocidade ou a densidade. Utilízase para representar as frontes atmosféricas.