desconto

desconto

(< descontar)

  1. s m
    1. Acción de descontar.

    2. Cantidade que se rebaixa dun prezo nunha compra.

      Ex: Eses pantalóns teñen un desconto de doce euros.

      Confrontacións: rebaixa.
  2. s m [ECON]
    1. Cantidade que se deduce do importe dunha débeda ou obrigación.

    2. Operación que consiste en adiantar unha cantidade de diñeiro a unha persoa que debería cobrala dun terceiro nunha data de vencemento posterior. Este compromiso de pagamento ten que estar reflectido nun efecto comercial ou financeiro e a cantidade adiantada é sempre inferior ao valor nominal da débeda.