contista

contista

(< conto)

  1. adx e s

    contiñeiro.

  2. adx e s

    Que ou quen é propenso a inventar e dar por certas moitas cousas das que di.

    Ex: Por ser tan contista ninguén lle cre o que lle pasou.

  3. adx e s

    Que ou quen tende a esaxerar as cousas, especialmente as doenzas físicas.

    Ex: Do que che diga do accidente crelle a metade, que é moi contista.

  4. s

    Persoa que escribe contos.

    Ex: Destacan os seus traballos como contista e como poeta.

Palabras veciñas

continxencia | continxentación | continxente | contista | conto | conto | contorna