continxencia
(
-
s
f
-
Calidade de continxente.
Ex: A continxencia do seu retraso fixo que adiaramos a reunión dous días.
-
[FILOS]
Posibilidade de que algo sexa ou non sexa. Se ese algo se refire a unha proposición, a análise corresponderíalle á lóxica, mentres que se o termo designa un obxecto correspóndelle á ontoloxía. Para Aristóteles, o continxente oponse ao necesario. Na filosofía medieval, é o atributo fundamental dos seres creados, en oposición ao necesario Ser creador. Na filosofía moderna, Leibniz equiparou a distinción entre as verdades de razón e as de feito coa distinción entre o necesario e o continxente.
-
-
s
f
Suceso posible e imprevisto, xeralmente negativo.
Ex: As continxencias da vida levárono sempre ó fracaso. Levabamos cartos de máis por se había algunha continxencia.
-
táboa de continxencia
[MAT]
Táboa de dobre entrada, con I liñas e J columnas, relativa a dous caracteres cualitativos, que poden presentar respectivamente I e J modalidades. A continxencia de cada cuadrícula está definida como a diferenza entre o efectivo observado na cuadrícula e o teórico que lle correspondería na hipótese de independencia dos dous caracteres. Téñense definido diferentes coeficientes que miden o grao de dependencia entre dous caracteres cualitativos, como os de Pearson e o de Čuprov.