continxencia

continxencia

(

  1. s f
    1. Calidade de continxente.

      Ex: A continxencia do seu retraso fixo que adiaramos a reunión dous días.

    2. [FILOS]

      Posibilidade de que algo sexa ou non sexa. Se ese algo se refire a unha proposición, a análise corresponderíalle á lóxica, mentres que se o termo designa un obxecto correspóndelle á ontoloxía. Para Aristóteles, o continxente oponse ao necesario. Na filosofía medieval, é o atributo fundamental dos seres creados, en oposición ao necesario Ser creador. Na filosofía moderna, Leibniz equiparou a distinción entre as verdades de razón e as de feito coa distinción entre o necesario e o continxente.

  2. s f

    Suceso posible e imprevisto, xeralmente negativo.

    Ex: As continxencias da vida levárono sempre ó fracaso. Levabamos cartos de máis por se había algunha continxencia.

  3. táboa de continxencia [MAT]

    Táboa de dobre entrada, con I liñas e J columnas, relativa a dous caracteres cualitativos, que poden presentar respectivamente I e J modalidades. A continxencia de cada cuadrícula está definida como a diferenza entre o efectivo observado na cuadrícula e o teórico que lle correspondería na hipótese de independencia dos dous caracteres. Téñense definido diferentes coeficientes que miden o grao de dependencia entre dous caracteres cualitativos, como os de Pearson e o de Čuprov.

Palabras veciñas

continuísta | continuo -nua | continuum* | continxencia | continxentación | continxente | contista