continuo -nua
(< lat continŭu)
-
adx
Que non presenta interrupción espacial nin temporal.
Ex: No novo traballo ten xornada continua. A impresora utilizaba papel continuo.
Confrontacións: permanente. -
adx
Que ocorre en sucesión rápida, moi frecuente, a miúdo repetida.
Ex: Os ataques de ira son continuos nel.
Sinónimos: constante, frecuente. -
adx
[MAT]
Aplícase aos obxectos que presentan unha determinada propiedade de continuidade, como a fracción continua, a función continua ou a proporción continua.
-
adx
[LING]
Aplícase ao son que se pronuncia cunha obstrución que non impide a saída do aire pola cavidade bucal (por exemplo, as vocais, os glides e as consoantes fricativas). Pola contra, os sons non continuos (ou interruptos) serían, por exemplo, as consoantes oclusivas [p, t, k] e as nasais [m, n], nas que a obstrución é total e se impide o paso do aire pola cavidade bucal.
-
s
m
[FILOS]
Na filosofía clásica, realidade material considerada como un todo. As partes que a constitúen están unidas entre si sen solución de continuidade e teñen un límite único e común. Oposto ao discontinuo (discretum), o problema do continuo (continuum) condiciona a especulación cosmolóxica sobre a constitución da materia e as cuestións relativas ao movemento e ao cambio substancial.
-
s
f
[TÉXT]
Máquina para fiar ou retorcer, de funcionamento continuo, a diferenza da selfactina, que é intermitente.
-
continuo poscrioulo
[LING]
Serie relacionada de variedades que se desenvolve cando os falantes dunha lingua crioula son educados nunha lingua estándar coa que a lingua crioula está relacionada.
-
física do continuo
[FÍS]
Método de análise dos fenómenos físicos que non ten en conta a estrutura atómica da materia. O seu corpo matemático está constituído pola teoría clásica de campos.
-
hipótese do continuo
[MAT]
Proposición que afirma que non existe ningún conxunto que posúa un cardinal comprendido estritamente entre card (J) e card (O). Considérase unha proposición sen solución.