continxente

continxente

(

  1. adx
    1. Que pode acontecer ou non.

      Ex: As circunstancias continxentes producían a súa indecisión.

      Confrontacións: eventual.
    2. [FILOS]

      Todo aquilo que pode ser ou non ser. Oponse a necesario. Esta oposición dá lugar a unha das probas tradicionais da existencia de Deus, xa formulada por san Tomé de Aquino: as criaturas (seres continxentes) necesitan dun ser necesario (Deus). No terreo da lóxica, Leibniz distingue entre verdades de feito (continxentes) e verdades de razón (necesarias).

  2. s m
    1. Porción ou parte que achega cada un dos que interveñen nun pago colectivo ou nunha acción solidaria.

      Ex: Aínda que o contixente individual era pequeno, axudaba na reconstrución do país. O contixente era de mil pesetas por cabeza.

    2. Conxunto de mozos chamados a filas para un mesmo período.

      Ex: O continxente de recrutas mermou por mor da obxección de conciencia.

  3. s m [BÉL]

    Conxunto de forzas militares dispoñibles.

  4. s m [ECON]

    Cotas máximas de importación dunha determinada mercadoría co obxecto de limitar a súa entrada.

Palabras veciñas

continuum* | continxencia | continxentación | continxente | contista | conto | conto