1 contra

1 contra

(

  1. Especie de porta interior ou exterior que serve para resgardar os vidros dunha fiestra e impedir o paso da luz.

    Ex: Houbo que pechar as contras para que a sarabia non rompese os cristais.

  2. prep

    En oposición a ou en contraste con, tanto nun sentido material como inmaterial (

    Ex: Non foi quen de actuar contra o seu pai. Apóstoche tres contra un a que gaña o cabalo número seis). OBS: Tamén se emprega co mesmo significado contra de (Ex: Estaba sempre contra de seus irmáns). A expresión en contra (de) significa ‘en oposición a alguén ou algunha cousa que se expresa’ e, polo tanto, sempre implica enfrontamento (Ex: Os veciños están en contra do novo trazado da autoestrada. Esa asociación está en contra da violencia); o emprego desta expresión evita contextos ambivalentes como, por exemplo, Púxose contra dela (‘púxose mirando cara a ela’ ou ‘situouse na oposición a min’).

  3. prep

    Indica o destinatario no que se detén algo que estaba en movemento (

    Ex: O coche bateu contra o muro. Apertouna contra si e non a soltou). OBS: Tamén se emprega co mesmo significado contra de (Ex: Abriu a cabeza contra dunha pedra).

  4. prep

    Indica unha localización imprecisa tanto no espazo coma no tempo (

    Ex: Vive contra a zona esquerda da ría. A miña irmá chegará contra as nove). OBS: Nestes casos alterna con cara a, para e a (Ex: Botan fogos contra a/cara a parte de Carballiño. Chegou contra a/á mañá cedo).

  5. prep

    Indica a posición dunha cousa que está apoiada noutra que está en posición vertical (

    Ex: Apoiei a escada contra a parede). OBS: Tamén se emprega co mesmo significado contra de (Ex: Arrimeime contra da árbore para non caer).

  6. s m

    Circunstancia desfavorable ou contraria para a realización de certa cousa.

    Ex: Convén analizar os proles e os contras do argumento.

    Antónimos: prol.

Sinónimos

Citas

  • Houbo que pechar as contras para que a sarabia non rompese os cristais.