contraasonancia

contraasonancia

(

s f [LIT]

Efecto fónico que se produce cando nunha rima se manteñen os sons consonánticos e se cambian as vocais tónicas, átonas, ou ambas as dúas. Pode ser simple, se a identidade entre as consonantes se limita ás situadas en posición postónica; ou dobre, se coinciden tanto na posición anterior como na posterior á vogal tónica. Na tradición poética moderna considérase un medio de enlace entre versos ou un recurso para incrementar a variedade estilística, que posibilita a creación de paronomasias.

Palabras veciñas

contraarmadura | contraarmiños | contraasinar | contraasonancia | contraatacante | contraatacar | contraataque