contraataque

contraataque

(< contraatacar)

  1. s m [BÉL]
    1. Reacción ofensiva rápida e por sorpresa para expulsar o inimigo do terreo ocupado e recuperar a posición momentaneamente perdida.

      Ex: O contraataque foi decisivo para gañar a guerra.

      Confrontacións: contraofensiva.
    2. Liña fortificada que os asediados opoñen aos ataques dos atacantes.

      Confrontacións: contraofensiva.
  2. s m [DEP]

    Reacción ofensiva rápida dun deportista ou dun equipo ante o ataque do contrario, que obriga a este a executar unha defensa precipitada antes de que poida despregar a súa táctica defensiva básica.

    Ex: O contraataque do Celta foi fundamental para que os xogadores marcaran o tanto decisivo.

    Confrontacións: contragolpe.
  3. s m

    Resposta que se dá para rebater un argumento que defende outra persoa.

    Ex: Preparámonos para o contraataque despois das súas palabras ofensivas.