contractura
contractura
(< lat contractūra)
-
s
f
[PAT]
Contracción permanente, involuntaria e non reversible, dun ou máis grupos musculares, que mantén a zona respectiva nunha posición viciosa. Caracterízase por unha activación do metabolismo muscular, o aumento da produción de calor, a glicólise e a formación de ácido láctico.
-
s
f
[ARQUIT]
Estreitamento do fuste dunha columna na súa parte superior.