contraditorio -ria

contraditorio -ria

(< lat contradictorĭu)

  1. adx

    Que está en contradición con outra cousa.

    Ex: Na nova edición do ensaio a hipótese segue sendo contraditoria. Son individuos contraditorios e insociables.

  2. adx

    Que contén ou implica contradición.

    Ex: As propostas do sindicato e da patronal son contraditorias.

  3. adx [FILOS]
    1. Aplícase, en sentido relativo, a dous termos ou a dúas proposicións nas que unha delas é negación da outra.

    2. Aplícase, en sentido absoluto, a un termo ou a unha proposición que presenta unha contradición.

  4. adx [MAT]

    Aplícase á teoría na que os axiomas permiten demostrar tanto un teorema coma a súa negación.