contraditorio -ria
contraditorio -ria
(< lat contradictorĭu)
-
adx
Que está en contradición con outra cousa.
Ex: Na nova edición do ensaio a hipótese segue sendo contraditoria. Son individuos contraditorios e insociables.
-
adx
Que contén ou implica contradición.
Ex: As propostas do sindicato e da patronal son contraditorias.
-
adx
[FILOS]
-
Aplícase, en sentido relativo, a dous termos ou a dúas proposicións nas que unha delas é negación da outra.
-
Aplícase, en sentido absoluto, a un termo ou a unha proposición que presenta unha contradición.
-
-
adx
[MAT]
Aplícase á teoría na que os axiomas permiten demostrar tanto un teorema coma a súa negación.