contraforte
contraforte
(
-
s
m
Peza de coiro que reforza o interior do calzado, principalmente na parte do calcañar.
-
s
m
Elemento material ou inmaterial que serve como reforzo doutro.
Ex: Os coñecementos que adquirín alí foron os contrafortes da miña instrución.
-
s
m
[ARQUIT]
Construción ao xeito do machón ou do piar que, acaroada ou imbuída no muro, serve de reforzo para contrarrestar o empuxe das bóvedas ou dos arcos. Apareceu na arquitectura románica ao substituírse as cubertas de madeira por arcos e bóvedas. Durante os períodos gótico e renacentista adoptou a forma de columnas, moi influído polos estilos grecorromanos. Ás veces remata en pináculos.
-
s
m
[XEOG]
Ramificación secundaria dunha montaña ou outeiro, de escaso desenvolvemento, situada a ambos os lados dunha cordilleira.