contraforte

contraforte

(

  1. s m

    Peza de coiro que reforza o interior do calzado, principalmente na parte do calcañar.

  2. s m

    Elemento material ou inmaterial que serve como reforzo doutro.

    Ex: Os coñecementos que adquirín alí foron os contrafortes da miña instrución.

  3. s m [ARQUIT]

    Construción ao xeito do machón ou do piar que, acaroada ou imbuída no muro, serve de reforzo para contrarrestar o empuxe das bóvedas ou dos arcos. Apareceu na arquitectura románica ao substituírse as cubertas de madeira por arcos e bóvedas. Durante os períodos gótico e renacentista adoptou a forma de columnas, moi influído polos estilos grecorromanos. Ás veces remata en pináculos.

  4. s m [XEOG]

    Ramificación secundaria dunha montaña ou outeiro, de escaso desenvolvemento, situada a ambos os lados dunha cordilleira.

Palabras veciñas

contrafoque | contraforo | contraforra | contraforte | contraforxa | contraforxar | contrafoso