contrapaso

contrapaso

(< contra- + paso)

  1. s m [MÚS]

    Paso de danza dado en dirección oposta ao que se deu con anterioridade.

  2. s m [MÚS]

    Baile propio de Galicia, que constitúe unha das diversas variacións da muiñeira. Báilase facendo unha roda, e nela os homes xiran en sentido contrario facendo unha espiral.