contrapelo, a
contrapelo, a
(< contra- + pelo)
-
loc adv
En dirección oposta á inclinación natural do pelo.
Ex: Tiráballe dos pelos porque a peiteaba a contrapelo.
-
loc adv
En contra da tendencia xeral ou do desenvolvemento normal dunha acción.
Ex: Foi un artista innovador cunha obra que ía a contrapelo das tendencias da súa época.