contraste
(< contrastar)
-
-
s
m
Oposición que se establece entre unha cousa e outra coa que se compara.
Ex: As dúas obras conforman un fermoso contraste.
Confrontacións: contraposición, diverxencia. -
s
m
[LING]
Diferencia fonolóxica que se establece entre unidades contiguas da cadea falada. André Martinet observou que é unha relación entre cada unha das unidades sintagmáticas (por exemplo, na sílaba /pa/ prodúcese o contraste entre a máxima pechazón da oclusiva e a máxima abertura da vocal). Distínguese da oposición en que esta se establece no eixe paradigmático.
-
s
m
[METEOR]
Cambio forte e súpeto da dirección do vento cara ao rumbo contrario do que sopraba nun principio.
-
s
m
[PALEOG]
Oposición entre trazos grosos e finos dunha letra escrita cunha pluma ampla e frouxa.
-
s
m
[PINT]
Oposición de dous ou máis elementos dunha representación gráfica co fin de resaltar un deles. Pode ser do ton, da cor, da liña, da forma ou da composición.
-
contraste de hipóteses
[MAT]
Proba que consiste na realización de experiencias que permitan determinar o valor dunha variable aleatoria definida en función da hipótese formulada en termos estatísticos. Previamente, débese estudiar a lei de probabilidade para esta variable aleatoria co fin de fixar uns límites, de xeito que máis aló deles a probabilidade sexa desprezable. Se o resultado das experiencias para a variable dá un valor comprendido dentro destes límites, considérase aceptable a hipótese H 0 , chamada hipótese nula. Doutro xeito preferirase a chamada hipótese alternativa H 1 , única ou diversa, pero sempre diferente da primeira. Cada unha das dúas decisións posibles comporta un certo risco de erro. Tamén se denomina test de hipótese.
-
s
m
-
[METROL]
-
s
m
Acción e efecto de contrastar obxectos valiosos ou a exactitude de pesos e medidas.
-
s
m
Marca oficial que se estampa nunha peza de ourivería para sinalar a súa calidade e pureza, e mesmo amosan o nome do fabricante e a data de creación.
-
s
Persoa que ten o oficio de contrastar.
-
s
m
-
[FÍS]
-
s
m
Estimación subxectiva da diferencia de claridades entre dúas superficies colocadas unha a carón da outra; é dicir, da diferenza das súas luminancias. Tanto en fotometría visual homocroma (comparación visual de superficies da mesma cor) como en fotometría visual heterocroma (comparación de superficies de distinta cor), pódese medir ao dispoñer de superficies en forma de praias luminosas contiguas, de xeito que se L e L’ son as respectivas luminancias, o contraste vén dado por C=(L-L’)/L. O limiar de contraste ou contraste liminar é a mínima diferenza de luminancias que se percibe.
-
s
m
Nun sistema de franxas de interferencia, relación (E<J>M</J>-E m )/E<J>M</J> ou (E<J>M</J>-E m )/(E<J>M</J>+E m ), onde E<J>M</J> é a iluminación das franxas claras, e E m a das escuras.
-
contraste de cor
Modificación na percepción visual da luminancia ou da cor dunha praia luminosa causada pola percepción simultánea (contraste simultáneo) ou previa (contraste sucesivo) doutra praia de diferente luminancia ou cor.
-
contraste de fase
Técnica de microscopia que permite ver as mostras en estudo ao aproveitar a diferenza de fase que se orixina entre a luz que as atravesa e a do medio que as envolve. Esta diferenza de fase está causada polo grosor das mostras ou polo seu índice de refracción, diferente do do medio. A técnica é útil cando as mostras non presentan unha absorción diferente do medio, de xeito que con outras técnicas non se poderían diferenciar.
-
contraste dunha emulsión
Pendente γ do tramo de exposición normal ou correcta da curva característica dunha emulsión fotográfica; curva que é a representación gráfica da súa densidade óptica D=log 10 (1/T), onde T é a transmitancia da emulsión. Tamén se denomina factor gamma ou gamma da emulsión.
-
contraste dunha imaxe/contraste máximo dunha imaxe
Cociente (ou logaritmo do cociente) entre as densidades ópticas D, no caso de imaxes transparentes, ou as luminancias, no caso de imaxes reflectoras (fotografías) ou emisoras (televisión) entre os puntos máis claros e os máis escuros dunha imaxe.
-
s
m
-
[IMAX]
-
s
m
Diferencia que se establece entre as densidades ou graos de luz presentes nunha imaxe.
-
contraste simultáneo
Efecto que provocan os matices de cor uns sobre outros.
-
s
m
-
substancia de contraste
[MED]
Na diagnose clínica, medio de diferenciación visual empregado xeralmente para a análise de cavidades orgánicas radiotransparentes. Na exploración visual simple empréganse colorantes, como o azul de metilo, o iodo ou a fluoresceína, que permiten visualizar os traxectos fistulosos, a circulación linfática, a eliminación renal, etc; e na exploración radiolóxica contrastes radioopacos a base de iodo, bario ou bismuto.