Contreras Orero, Damián

Contreras Orero, Damián

Actor e director. Titulado en Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona, iniciou a súa carreira profesional coa Compañía de Teatro Estable de Barcelona, dirixida por Esteve Polls. De volta a Galicia en 1988, traballou como actor de dobraxe ata 1993, ano no que participou no espectáculo A Vía Láctea, producido polo Mago Antón, con dirección de Eduardo Alonso. En 1994 creou a compañía Balea Branca, na que traballou como actor ou director en diversos espectáculos, como O contrabaixo e Notas dun estudante que morreu tolo, estreada no 2000 a partir dun texto de Sebastián Juan Arbó. Amais de intervir noutros espectáculos, como Morte accidental dun anarquista, produción de Teatro do Morcego con dirección de Xan Cejudo, tamén realizou diversos traballos para cine e televisión, coa súa participación en series, como Los jinetes del alba, La huella del crimen, Brigada central ou Pratos combinados. A partir de 1997 coordinou diversos obradoiros de teatro coa Asociación Cultural Monterrei e coa Mancomunidade de Municipios da comarca de Verín.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Verín