contribución
(
-
s
f
Acción de contribuír.
Ex: A contribución dos medios de comunicación á democracia foi decisiva para a súa consolidación.
-
s
f
Cousa que cadaquén ofrece para contribuír a algo.
Ex: A súa contribución ecónomica foi clave para a construción do colexio.
Sinónimos: axuda. Confrontacións: colaboración, cooperación. -
[DER/ECON]
-
s
f
Deber que se lle impón a unha persoa de aboar unha cantidade de diñeiro para axudar ao sostemento dos gastos dos poderes públicos.
Ex: Durante as últimas décadas produciuse un grande aumento das cantidades da contribución á Facenda pública.
-
s
f
Imposto que recae sobre o beneficio obtido polo rendemento dos bens, particularmente dos bens inmobles.
Ex: Pagaron as taxas da contribución rústica e da urbana.
-
contribución de cientos
Imposto indirecto castelán decretado nas Cortes do 1626 polas necesidades financeiras da monarquía dos Austrias. Consistiu inicialmente nunha recarga do 1,1% sobre a alcabala, pero chegou a ser do 4%. Formou parte do conxunto de ingresos contabilizados polas contadorías reais de cientos e de millones. Mantivéronse ata a reforma tributaria de Mon de 1845.
-
contribución especial
Tributo que ten como feito impoñible a obtención polo suxeito pasivo dun beneficio ou dun aumento do valor dos seus bens, como consecuencia da realización de obras públicas ou do establecemento ou ampliación de servicios públicos.
-
contribución única
Sistema tributario da Coroa de Castela. Proposto polos economistas casteláns do s XVII, quería contribuír a acadar un réxime fiscal centralizado e coherente que puidese superar as deficiencias do sistema das rendas provinciais, e poder satisfacer deste xeito as necesidades da facenda real. Os primeiros pasos prácticos cara a unha contribución única establecéronse no reino de Aragón; mentres, os intentos de crear unha única contribución en Castela fracasaron e a monarquía española non afrontou novamente a necesidade ineludible de unificar as rendas provinciais ata a reforma tributaria de Mon (1845).
-
s
f