contrición

contrición

(< lat contritĭōne)

  1. s f [RELIX]

    Arrepentimento de ter pecado que procede da consciencia de que a ofensa a Deus é deplorable en si mesma e non en virtude do castigo que poida merecer. Fálase da dor de contrición, opoñéndoa á de atrición, como sinal de arrepentimento perfecto.

    Confrontacións: penitencia.
  2. acto de contrición [RELIX]

    Oración ou fórmula que expresa o arrepentimento de contrición.