penitencia

penitencia

(< lat paenitentĭa)

  1. s f [RELIX]
    1. Sacramento encamiñado a perdoar un individuo ou unha colectividade que cometeran pecado. Ata o s IV practicouse a penitencia pública, á que se sometían os que, despois do bautismo, cometeran os pecados de homicidio, adulterio e idolatría ou apostasía. Ata o s IX houbo unha progresiva desaparición da penitencia pública, considerada demasiado rigorosa, e apareceu a penitencia privada ou confesión, en que cada tipo de pecado tiña unhas penas determinadas. O Concilio de Trento (1545-1563) fixou para a Igrexa Occidental a práctica da confesión individual. Finalmente, froito da reforma do Concilio Vaticano II, o novo ritual (1973) volveu subliñar os aspectos comunitarios, coa reinstauración das celebracións colectivas e cunha insistencia no sentido eclesial que ten tamén a confesión privada.

    2. Pena imposta ao penitente como satisfacción dos pecados cometidos, que se reduce á recitación dalgunhas pregarias.

    3. Mortificación que alguén se impón a si mesmo para pedir perdón polas súas culpas diante de Deus.

    4. Arrepentimento que sente o pecador pola súa falta e propósito de non volver a cometela nunca máis.

  2. [HIST]
    1. s f

      Castigo público que impuña o tribunal da Inquisición a algúns reos.

    2. hábito de penitencia

      estido distintivo dos reos da Inquisición, adoptado despois polos penitentes das procesións.

  3. s f

    Castigo que se impón a alguén como escarmento por algunha acción indebida.

    Ex: A súa penitencia será vivir exiliado durante o resto da súa vida.

  4. s f

    O que resulta incómodo ou desagradable, especialmente se se realiza como acto de mortificación.

    Ex: Ter que velo todos os días é unha penitencia para min.

Palabras veciñas

peniscar | penisco | Peníscola | penitencia | penitencial | penitenciar | penitenciaría