convulsionario -ria

convulsionario -ria

(< convulsión)

  1. adx e s

    Que ou quen padece convulsións.

    Ex: A súa enfermidade facía que fose unha persoa convulsionaria e padecese frecuentes ataques.

  2. s [HIST/RELIX]

    Membro dunha seita xansenista do s XVIII formada polos seguidores de François de Pâris (1690-1727). Acudían á súa tumba, situada no cemiterio de Saint-Médard, onde ao parecer se facían milagres e experimentaban fenómenos de convulsións. Pechado o cemiterio por orde real (1732), os seguidores organizáronse nunha asociación secreta, de costumes estraños.

Palabras veciñas

convulsible | convulsión | convulsionar | convulsionario -ria | convulsivo -va | convulso -sa | conxectura