conxectura

conxectura

(< lat coniectūra)

  1. s f

    Xuízo que se forma dunha cousa ou acontecemento a partir dos indicios ou sinais que se teñen.

    Ex: Existen moitas conxecturas sobre a desaparición dos dinosauros.

    Sinónimos: cábala, especulación, hipótese, suposición. Confrontacións: presunción.
  2. s f [MAT]

    Hipótese emitida a priori sobre a exactitude ou inexactitude dun enunciado do que se ignora a demostración.