especulación

especulación

(< latspeculatĭōne)

  1. s f [FILOS]

    Pensamento creador que non só recibe os datos da experiencia senón que penetra a priori ata os seus fundamentos. Investiga a esencia íntima do experimentalmente captado ata chegar ao ser metafísico e facer visibles as leis absolutas da esencia e do ser. A especulación sérvese fundamentalmente do coñecemento esencial.

  2. s f

    Opinión ou xuízo que se basea en certos indicios ou sinais que non se coñecen con seguridade.

    Ex: A súa negativa provocou numerosas especulacións.

    Sinónimos: conxectura, suposición.
  3. s f [ECON]

    Operación efectuada en previsión dunha modificación na estrutura dos prezos, co fin de obter ganancias extraordinarias. Este tipo de operación, que sempre leva consigo un risco, efectúase no proceso de distribución e distínguese das operacións ordinarias de compravenda porque non responde á satisfacción de ningunha necesidade concreta do suxeito.