hipótese

hipótese

(< lat hypothĕsis

  1. s f
    1. [FILOS]

      Proposición ou suposto, aceptado independentemente da súa verdade ou falsidade, do que se pode deducir un conxunto de proposicións ou consecuencias.

    2. Xuízo ou razoamento que se forma a partir dos indicios ou sinais que se teñen.

      Ex: Facía hipóteses de cánto podería aforrar en seis meses.

      Sinónimos: cábala, conxectura, especulación, suposición.
  2. s f

    Proposición experimental que se fai nas ciencias experimentais, en función dunha teoría, que se formulou para orientar unha investigación e a verificación empírica, ben por observación directa, ben por acordo de todas as consecuencias que se puidesen derivar da observación.

  3. hipótese de traballo

    Hipótese que se toma como guía dunha investigación científica.

  4. hipótese estatística [MAT]

    Hipótese relativa ao valor dos parámetros ou á forma da lei de probabilidade dunha poboación, da que se examina a validez mediante a observación dos valores dunha variable aleatoria nas mostras que se extraen desta poboación.