conxugado -da
(< conxugar)
-
p reg
de conxugar ou conxugarse.
-
[MAT]
-
adx
Aplícase a dúas magnitudes (puntos, curvas, cantidades, estruturas, operadores, etc) enlazadas mediante algunha lei ou relación determinada.
-
números conxugados
Dous números alxébricos, sobre un campo dado, se son raíces da mesma ecuación irredutible con coeficientes no campo. Así, os números complexos a+bi, a-bi son conxugados sobre o campo real, posto que son raíces da ecuación X 2 -2aX+(a 2 +b 2 )=0.
-
adx
-
adx
[FÍS]
Aplícase ao punto imaxe dun sistema óptico, respecto ao correspondente punto obxecto, e viceversa.
-
adx
[FÍS]
Aplícase á antipartícula con respecto á súa correspondente partícula, e viceversa.
-
adx
[QUÍM]
Aplícase a cada un dos dous ou máis enlaces dobres dunha cadea, separados entre eles por un só enlace simple, como o 1,3-butadieno (CH 2 =CH-CH=CH 2 ) ou o 1,3,5-hexatrieno. Os sistemas de enlaces dobres conxugados, caracterizados polo solapamento dos orbitais π a través do enlace simple formal, outórganlle maior estabilidade á molécula por mor do fenómeno da deslocalización.