copa
(< lat v cŭppa)
-
-
s
f
aso de distintas formas, xeralmente de vidro, que se sostén sobre un pé e que serve fundamentalmente para beber.
Ex: Partiulle o pé á copa cando a estaba a limpar.
-
copa afrautada
Copa estreita e coa boca máis ancha ca o corpo, usada para determinados combinados e para cavas e champañas.
-
copa balón
Copa de amplo corpo e boca algo pechada apropiada para combinados con nata e para viños de gran reserva.
-
copa catadora
Copa de cristal fino transparente, relativamente alta e coa boca pechada.
-
copa de auga
Copa de forma variable, de cristal transparente sen tallas e con 20 cl de capacidade.
-
copa de cervexa
Copa transparente, alta e con barriga.
-
copa de champaña
Copa en forma de seo invertido, que se emprega para o viño homónimo e para os cócteles que o conteñen.
-
copa de cóctel
Copa de boca ampla e de característica forma cónica.
-
copa de viño
Copa transparente, sen tallas e lixeiramente pechada por arriba; a que se emprega para o viño branco é máis pequena ca a que se usa para o tinto.
-
s
f
-
s
f
Cantidade de líquido contido nunha copa, en especial cando se alude a bebidas alcohólicas.
Ex: Bebeu unha copa de viño.
-
s
f
Bebida alcóholica que se toma en vaso ou copa.
Ex: Foi de copas cos seus amigos. Tomou catro copas e xa está bébedo.
-
s
f
-
Obxecto de metal de forma semellante á copa, xeralmente máis grande e ornamental, que se entrega ao vencedor dunha competición deportiva.
Ex: Despois de gañar a competición recibiu a copa de mans do organizador.
Sinónimos: trofeo. -
Premio que representa.
Ex: Garda na vitrina varias copas da federación de xadrez.
-
[DEP]
Denominación que reciben os campionatos nacionais de clubs que se disputan por eliminatorias en distintas modalidades deportivas de equipo, especialmente nas do programa olímpico. Nun principio, poden participar neles todos os equipos asociados ás federacións das diversas disciplinas, independentemente da súa categoría no campionato de Liga (que só tería repercusión a efectos de determinar cabezas de serie); sen embargo, a tendencia xeral adoptada na maioría dos deportes foi restrinxir a participación aos clubs profesionais e, incluso, aos mellores clasificados no campionato de Liga. En España, dende 1976, os campionatos masculinos denomínanse Copa da Súa Maxestade O Rei e os femininos Copa da Súa Maxestade A Raíña.
Fútbol
A Copa do Rei na súa primeira etapa
A Copa da S M O Rei comezou a disputarse en fútbol en 1903, logo do éxito que acadou a experiencia do campionato de España de clubs organizado dentro do programa de festexos da coroación do Rei Afonso XIII (Copa Coroación). Na súa primera etapa, ata 1931, só un equipo galego, o Real Vigo Sporting conseguiu disputar a final. O club vigués, un dos precedentes do Real Club Celta de Vigo, xogou en 1908 pola Copa fronte ao Real Madrid CF, que venceu os galegos por 2-1.
A Copa do Presidente da República
A fuxida de España do Rei Afonso XIII e a proclamación da Segunda República en abril de 1931 significou o cambio de denominación do torneo, que entre 1932 e 1936 pasou a denominarse Copa do Presidente da República. Durante este breve período ningún equipo galego disputou a final.
A Copa do Xeneralísimo
O fútbol viuse afectado pola Guerra Civil Española (1936-1939) do mesmo xeito ca as demais actividades deportivas, polo que os campionatos oficiais quedaron suspendidos. Así, as edicións da Copa de 1937 e 1938 non se disputaron. En 1939, rematada a guerra, celebrouse a primeira edición da Copa do Xeneralísimo, unha das designacións que recibiu o xeneral Franco. Daquela, o Rácing de Ferrol disputou a final contra o Sevilla CF, e saíu derrotado por 6-2. En 1948, un novo equipo galego uniuse á relación de finalistas: o Real Club Celta de Vigo, que xogou a final o 4 de xullo, tamén fronte ao Sevilla CF e perdeu por 4-1. A derradeira edición con esta denominación disputouse na tempada 1975-1976.
A Copa do Rei
Trala restauración da monarquía, o Campionato de España recobrou na tempada 1976-1977 o nome de Copa da Súa Maxestade O Rei. O 20 de abril de 1994, o Real Club Celta de Vigo disputou unha nova final, esta vez contra o Real Zaragoza; tralo empate a cero, o título decidiuse nos lanzamentos de penalti, nos que os aragoneses tiveron maior acerto (5-4). Na tempada seguinte, o Real Club Deportivo de La Coruña impúxose ao Valencia CF por 2-1, co que logrou o primeiro título para un equipo de Galicia. Aquela final comezou a disputarse o 24 de xuño de 1995; sen embargo, tivo que aprazarse por mor dunha treboada de saraiba cando empataban a 1 gol. Na reanudación, o 27 de xuño, o Deportivo puido marcar o gol da vitoria. O 30 de xuño de 2001, o Real Club Celta de Vigo proclamouse por terceira vez subcampión, logo de perder na final, de novo contra o Real Zaragoza (3-1). No cómputo global das distintas edicións do torneo, coas súas diferentes denominacións, o FC Barcelona e o Athletic Club de Bilbao, destácanse como os seus principais protagonistas, con 24 e 23 vitorias respectivamente, aínda que a Real Federación Española de Fútbol non lle recoñece ao Athletic como propia a que acadou o Bizcaya na Copa Coroación, malia que os clubs bilbaínos do Athletic Club e do Bilbao, que formaran aquel equipo para a ocasión, fusionáronse anos máis tarde nun só.
Baloncesto
Categoría masculina
A competición de baloncesto (Campionato de España) disputouse por primeira vez en 1933. Ao ano seguinte, os equipos cataláns boicotearon a competición, polo que finalmente non se celebrou. En 1935 resolvéronse os conflitos e púidose xogar a segunda edición e, en 1936, a terceira. Non obstante , a Guerra Civil (1936-1939) paralizou a actividade deportiva ata 1940, cando se recuperou unha competición que xa adquiriu plena regularidade, consolidada baixo o nome de Copa da Súa Excelencia o Xeneralísimo. En 1942 disputouse a final en Zaragoza, co que se rachou a alternancia que ata entón mantiveran Madrid e Barcelona na acollida destes encontros. En 1949 experimentouse unha fórmula de competición en liguiña. Non obstante , a fórmula de eliminatorias mantívose a partir de entón, aínda que en 1984 se restrinxiu á participación dos 8 primeiros equipos clasificados ao remate da primeira volta da liga ACB. En 1976, a competición adoptou a denominación de Copa da Súa Maxestade o Rei. Nas 65 edicións disputadas ata 2001, o Real Madrid acadou 22 títulos, fronte a 18 do FC Barcelona e 7 do Joventut de Badalona. Ningún equipo galego xogou nunca unha final, polo que a vinculación de Galicia coa copa limítase ao feito de ter acollido varias finais: en Vigo en 1944 e 1957, en Lugo en 1964; en Ourense en 1969; na Coruña en 1972 e 1989; en Ferrol en 1980; ademais, co gallo da celebración do Ano Santo Xacobeo de 1993, a copa disputouse en varias cidades galegas.
Categoría feminina
En 1963 comezou a disputarse o campionato de España de baloncesto feminino. Nesta especialidade si que se rexistraron triunfos de conxuntos galegos. O Real Club Celta de Vigo posúe os títulos desta competición das tempadas 1980-1981, 1981-1982 e 1983-1984, mentres que o Club Baloncesto Bosco, que dende 1998 compite co nome do RC Celta de Vigo, gañou a edición da tempada 2000-2001.
Balonmán
O campionato de España de balonmán a sete masculino comezou a disputarse na tempada 1957-1958 co nome de Copa da Súa Excelencia o Xeneralísimo, pero en 1976 mudou a denominación para converterse na Copa da Súa Maxestade o Rei. Tan só un equipo galego, o Academia Octavio de Vigo, conseguiu disputar unha final: foi en Ciudad Real en 1995, partido que perdeu por 27-25 fronte ao TEKA de Santander. Pola contra, no plano organizativo, Galicia é unha das comunidades autónomas que en máis ocasións acolleu a fase final desta competición. A primeira ocasión foi no ano 1973, en Vigo; posteriormente, Lugo en 1976, A Coruña en 1979, Ferrol en 1984 e Pontevedra en 1990 e 1993, acolleron o partido decisivo. No palmarés do torneo domina o FC Barcelona, que acadou 13 títulos (3 da Copa do Xeneralísimo e 10 da Copa do Rei), por diante do xa desaparecido Atlético de Madrid, que posúe 10 (5 títulos con cada denominación).
-
-
s
f
Conxunto de pólas que forman a parte superior dunha árbore.
Ex: Aniñaban moitos paxaros nas copas das árbores do meu xardín.
-
s
f
Parte superior oca do sombreiro, que cobre a cabeza.
Ex: Caeu sobre o sombreiro e esmagoulle a copa.
-
-
s
f
Un dos catro paos da baralla, representado por unha copa. OBS: Normalmente, emprégase en plural.
Ex: Cantou as corenta en copas.
-
s
f
Carta dese pao.
Ex: Levou a baza cunha copa.
-
s
f
-
s
f
Monllo que se fai coa palla dos cereais.
Ex: Chamuscaron o porco con copas de colmo.
-
-
s
f
Calquera cousa con forma acampanada.
-
copa do roncón
Última peza do roncón da gaita.
-
s
f
-
copa de Neptuno
[ANIMAL]
Esponxa en forma de cáliz ou copa e de grandes dimensións, ata 1 m de altura e 0,5 m de diámetro, propia das rexións cálidas do Pacífico.
-
copa de xeado
Preparación doce a base de xeado, froitas, xaropes, chocolate e froitos secos que se toma como refrixerio ou como sobremesa. A máis coñecida é a copa Melba (a base de xeado de vainilla con xarope de melocotón e puré de framboesa), creada por Auguste Escoffier en honor da cantante de ópera Nellie Melba. Outras copas de xeado salientables son: Alexandra, Jacques, Monte Cristo e Real (macedonia de froitas ao kirscht con xeado de amorodo, limón e amorodo, pistacho ou vainilla, respectivamente), Banana Split (dúas medias bananas cortadas ao longo sobre as que se poñen tres bólas de xeado de vainilla cuberto de chantilly, améndoa picada e xarope de framboesa), Brasileira (dados de piña ao marrasquino recubertos de xeado de limón), Dama Branca (xeado de améndoa e, sobre el, medio melocotón coroado con confeitura de grosella), Favorita (xeado de vainilla con dados de piña ao kirscht, decorado con crema chantilly e puré de amorodos), Arlequín (xeado de vainilla e chocolate e decoración con chantilly), Romanov (xeado de vainilla con amorodos e crema chantilly) e Xamaica (dados de piña ao ron e xeado de café).