Copa CEV
Terceira competición oficial europea de clubs de voleibol, organizada pola Confederación Europea de Voleibol. Comezou a disputarse na tempada 1980-1981. Os clubs italianos manteñen unha clara hexemonía, pois só cederon 5 títulos masculinos e 7 femininos; en total, os equipos transalpinos acadaron 30 campionatos, 16 os homes e 14 as mulleres. Alemaña é a segunda potencia neste torneo: comezou dominando as 3 primeiras edicións do campionato feminino, do que posúe 6 títulos, ao que hai que sumar outro masculino. Os equipos soviéticos posúen un título feminino e dous masculinos. Un equipo francés e outro neerlandés proclamáronse vencedores das dúas primeiras edicións do torneo masculino. En 1994 o Club Vigo Voleibol conseguiu a primeira clasificación dun equipo galego para esta competición.