Copa Coroación

Copa Coroación

Torneo de fútbol que se disputou en 1902 dentro do programa de festexos organizados para celebrar a coroación do Rei Afonso XIII. Constituíu o primeiro campionato de España da modalidade. Na final, celebrada no hipódromo de Madrid, impúxose o Bizcaya (equipo creado para a ocasión con xogadores dos clubes bilbaínos do Athletic Club e do Bilbao), que venceu por 2-1 ao FC Barcelona. O éxito da iniciativa animou a celebrar novas edicións anuais e instituír un campionato de España de clubs, que adoptou diversas denominacións ao longo da historia, de acordo coas vicisitudes políticas polas que atravesou o país; deste xeito, ata a tempada 1930-1931 denominouse Copa da Súa Maxestade o Rei, entre 1931 e 1936 Copa do Presidente da República, entre 1939 e 1976 Copa do Xeneralísimo, para volver á denominación de Copa da Súa Maxestade o Rei en 1976.

Palabras veciñas

Copa CEV | Copa Challenge | Copa City | Copa Coroación | Copa da CERS | Copa da LEN | Copa da UEFA