Copa da CERS
Copa da CERS
Segunda competición internacional oficial de clubs do hóckey a patíns europeo, organizada pola Federación Europea de Patinaxe sobre Rodas. Só se disputa na categoría masculina. Creouse na tempada 1980-1981. Daquela era a terceira competición oficial, despois da Copa de Europa e da Recopa. O triunfo do Liceo neste torneo na tempada 1981-1982 inaugurou o palmarés internacional do hóckey a patíns galego. O club coruñés acadou o seu segundo título na tempada 1998-1999. Ademais, outros tres clubs españois conseguiron cadanseu título: o Torderá na tempada 1985-1986, o Noia na 1997-1998 e o Club Patí Vic na 2000-2001.