Copa City

Copa City

Competición internacional de balonmán, a cuarta das que se disputan de xeito oficial. Creouse nas categorías masculina e feminina na tempada 1993-1994. O Academia Octavio de Vigo foi o primeiro equipo galego en tomar parte neste torneo, na tempada 1997-1998; daquela acadou as semifinais, nas que foi eliminado. Dende a tempada 2000-2001 adoptou o nome de Copa Challenge.

Palabras veciñas

Copa | Copa CEV | Copa Challenge | Copa City | Copa Coroación | Copa da CERS | Copa da LEN