Copa Federación
Copa Federación
Competición internacional por nacións de tenis feminino. Creouse en 1963 para conmemorar as vodas de ouro da International Tennis Federation. Ao longo das sucesivas edicións foi variando a fórmula da competición: ata 1994, as eliminatorias xogábanse a tres partidos (2 individuais e 1 dobre). O palmarés do torneo encabézao EE UU, que posúe 17 títulos. En segundo lugar figura Australia, vencedora en 7 ocasións. España ocupa o terceiro lugar con 5 triunfos, igual que Checoslovaquia, aínda que as españolas xogaron tres finais máis (un total de 9). A República Federal de Alemaña, con dúas vitorias, e Francia e Sudáfrica con cadanseu título, completan o cadro de honor da competición.