copaíba
copaíba
(< tupí kupa’iwa)
s
f
[PLANTA]
Árbore do xénero Copaifera, da familia das mimosáceas. Engloba unhas trinta especies de grandes dimensións, de follas compostas e de froitos leguminosos, propias de América tropical e de África. Delas extráese unha oleorresina coñecida como bálsamo de copaíba.