copal

copal

(< náhuatl copalli ‘resina’)

  1. adx e s m [BIOQ]

    Aplícase á resina obtida de certas árbores de América e de África oriental, dos xéneros Hymenaea e Trachylobium, que se emprega na fabricación de vernices e linóleo.

  2. s m [PLANTA]

    Nome dado a diversas leguminosas de África oriental, especialmente Trachylobium verrucosum e T. mossambicense, ou do Brasil, como a Hymenaea coubaril, das que se obtén a resina homónima.

Palabras veciñas

copador | copaíba | Copaifera | copal | Copán | Copán, ruínas de | 1 copar