Cope, Edward Drinker

Cope, Edward Drinker

Paleontólogo. Precursor da descrición moderna dos vertebrados fósiles, especialmente dinosauros, mamíferos do Terciario e vertebrados do Pérmico, deu nome a máis de 600 especies. Relacionou a estrutura do esqueleto dos mamíferos coa velocidade que podían acadar e co papel desta na selección natural, á vez que establecía unha lei pola que son as especies menos especializadas as que orixinan formas evolutivas posteriores. Considérase como pertencente á escola neolamarquista. Entre as máis de 300 publicacións paleontolóxicas e sobre a teoría da evolución destacan: Clasificación sistemática de lacertilios e ofidios (1864), Clasificación sistemática de batracios, réptiles e aves fósiles de Norteamérica (1869), Hipótese sobre evolución, física e metafísica (1870), Vertebrados fósiles da formación eocena de Wyoming (1873), Sobre a teoría da evolución (1876), Vertebrados cretácicos do Oeste (1877) e Vertebrados terciarios (1885).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Philadelphia

  • Deceso