copear

copear

(< copa)

  1. v i

    Tomar copas.

    Ex: Copearon todo o día nos bares da zona vella da cidade.

  2. v i

    Facer movementos ou xestos coa cabeza, coas mans ou con calquera outra parte do corpo, para chamar a atención dunha persoa.

    Ex: Copea dese xeito porque quere que o camareiro lle traia a conta.

    Sinónimos: acenar, capear.
  3. v i

    Formar copa as pólas dunha árbore.

    Ex: Aínda que decotaron a árbore, xa empeza a copear.

  4. v i

    Quedarse o muiñeiro co gran que lle corresponde por moer.

    Sinónimos: maquiar.
  5. v t

    Darlle forma á masa do pan antes de cocelo.

Conxugar
VERBO copear
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
copeo
copeas
copea
copeamos
copeades
copean
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
copeaba
copeabas
copeaba
copeabamos
copeabades
copeaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
copeei
copeaches
copeou
copeamos
copeastes
copearon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
copeara
copearas
copeara
copearamos
copearades
copearan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
copearei
copearás
copeará
copearemos
copearedes
copearán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
copearía
copearías
copearía
copeariamos
copeariades
copearían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
copee
copees
copee
copeemos
copeedes
copeen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
copease
copeases
copease
copeasemos
copeasedes
copeasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
copear
copeares
copear
copearmos
copeardes
copearen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
copea
-
-
copeade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
copear
copeares
copear
copearmos
copeardes
copearen
Xerundio copeando
Participio copeado
copeada
copeados
copeadas