Copley, John Singleton

Copley, John Singleton

Pintor estadounidense. Formouse en Boston e estableceuse en Londres en 1775. Cultivou o retrato e sobre todo a pintura histórica, caracterizada polos temas patrióticos e militares, cun gran número de personaxes. Entre as súas obras destacan The Copley Family (A familia Copley, 1776-1777), Watson and the Shark (Watson e a quenlla, 1778) e The Death of Major Pierson (A morte do maior Pierson, 1783). Foi membro da Royal Academy (1779).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Boston

  • Deceso

    Lugar : Londres