Coppée, François

Coppée, François

Escritor. En 1869 estreou a peza teatral Le passant (O paseante) e, posteriormente, as obras en verso de cariz posromántico Severo Torelli (1883) e Pour la couronne (Para a coroa, 1895). En poesía evolucionou do parnasianismo de obras como Le reliquaire (O relicario, 1866) ou Intimités (Intimidades, 1868) cara a unha poesía que enxalzaba a xente sinxela, como Les humbles (Os humildes, 1872), Le cahier rouge (O caderno vermello 1874) ou Les paroles sincères (As palabras sinceras, 1890). Escribiu tamén novela, narracións breves e as memorias La bonne souffrance (O bo sufrimento, 1898). En 1884 ingresou na Académie Française.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso