Coppens, Yves

Coppens, Yves

Paleoantropólogo francés. Catedrático de Paleoantropoloxía do Collège de France. En 1974 descubriu, xunto con Donald Johanson e Maurice Taieb, os primeiros fósiles de Australopithecus afarensis. As súas investigacións centráronse na evolución do bipedismo e nos diferentes modelos evolutivos aplicables ao xénero Homo. En 1997 entrou a formar parte do programa científico que recolleu restos xeados de mamuts, no permafrost siberiano, coa intención de obter células para a clonación desta especie extinta. Entre outras obras, publicou Le singe, l’Afrique et l’homme (O simio, África e o home, 1983), Pré-ambules: les premiers pas de l’homme (Preámbulos: os primeiros pasos do home, 1988) ou Le genou de Lucy: l’histoire de l’homme et l’histoire de son histoire (O xeonllo de Lucy: historia do home e historia da súa historia, 1999). Foi colaborador científico de varias novelas de ambientación prehistórica, como Le rêve de Lucy (O soño de Lucy, 1990) ou Avant la fin du ciel (Antes da fin do ceo, 2000).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vannes