Copreo

Copreo
[MIT]

Heroe grego, fillo de Pélope. Tras asasinar a Ífito tivo que abandonar a súa terra natal, Élide, e refuxiarse en Micenas, na corte de Eristeo, a quen serviu como heraldo. Cando acudiu xunto aos atenienses para lles reclamar a expulsión dos heraclidas, matárono. O seu fillo Perifetes, famoso pola súa valentía e forza, acompañou a Agamemnon a Troia e morreu a mans de Héctor.