copríncipe
copríncipe
(< co- + príncipe)
s
m
Cada un dos dous señores que representan a Andorra: o bispo da Seu d’Urgell, representado polo seu vicario xeral; e o presidente da República Francesa, representado polo prefecto do departamento dos Pireneos Orientais. Ten a súa orixe nunha sentenza arbitral de 1278 denominada pariatje, pola que o principado quedaba baixo a soberanía in diviso do bispo de Urgell e do conde de Foix. O dereito desta pasou despois ás casas de Bearn e de Borbón, con Enrique IV, á coroa de Francia e, posteriormente, ao presidente da República Francesa. A Constitución andorrana de 1993 modificou as súas funcións para reducir as dúas competencias.