Coprinus

Coprinus
[FUNGO]

Xénero de fungos de cogomelos caracterizados por producir uns chapeos cilíndricos de láminas cinsentas ou negras. En Galicia están presentes as especies C. atramentarius, de cogomelos de ata 10 cm de alto, superficie lisa de cor cinsenta coa parte máis alta acastañada, que aparecen sobre solos ricos en madeira; C. picaceus, de cogomelos de ata 15 cm de altura, o primeiro de cor branca e o sombreiro acastañado escuro con folerpas brancas, presente baixo árbores caducifolias; C. micaceus, de cogomelos de ata 7 cm de alto, co chapeu de cor parda con gránulos na parte superior e pé branco que aparecen sobre madeira morta de árbores caducifolias; e C. plicatilis, de cogomelos de ata 5 cm de alto, cun chapeu estriado de cor branca con gránulos de cor vermella presente en prados. Os cogomelos de maior tamaño reciben o nome de barbudas, especialmente cando están totalmente cubertos da cutícula lanuxinosa con aspecto de barba ao principio do seu desenvolvemento.

Palabras veciñas

copretérito | coprináceo -a | copríncipe | Coprinus | copro- | coprobio -bia | coprocesador